O Concello de Tomiño presenta un programa de actividades saudables co gallo de promocionar o mercado municipal

A programación inclúe un curso de cociña para nenos e nenas, un curso de cociña para homes, unha campaña dos praceiros para mercar con xeito, sábados con sabor e un Biomercado.

O Concello de Tomiño ven de presentar o programa de “Tomiño ten sabor”. Un conxunto de actividades organizadas de cara a promocionar o mercado municipal e que apostan pola comida e polos hábitos saudables.
O programa presentado esta mañán contén cursos de cociña para os máis pequenos que comeza este xoves día 24 no primeiro andar do mercado municipal. Máis de 20 nenos e nenas de Tomiño poderán iniciarse na cociña e adquirir hábitos e coñecementos saudables dun aprendizaxe lúdico-didáctico. O curso remata o domingo 27 de setembro, día no que se celebrará na Praza do Seixo un biomercado.
O Biomercado é unha gran feira na que estarán presentes máis de 60 postos e nos que se inclúen dende postos de venta de productos ecolóxicos, postos de comida e bebida, artesanía, roupa feita a man e comercio xusto até unha zona de masaxes e shiatsu, sesións de zumba e ioga da risa e música en directo da man do cantautor de música tradicional Javier Ruiz. O Biomercado celebrarase na Praza do Seixo e comezará dende ás 11h até as 21h.
Ademáis, do biomercado do domingo, os martes 6, 13 e 20 de outubro impartirase un curso de cociña para homes. É un curso pensando para animar aos homes a cociñar e a mercar no mercado. O horario do curso será de 18h30 a 19h30.
Tamén, contaremos cunha campaña para aprender a “mercar con xeito” que correrá a cargo dos praceiros. A actividade consistirá en adquirir coñecementos básicos sobre os productos básicos como poden ser diferenciar as partes da vaca ou do porco, aprender a recoñecer a frescura do peixe, etc. “Mercar con xeito” levarase a cabo os xoves de 18h30 a 19h30 no mercado municipal os días 8, 15 e 22 de outubro.
“Sábados con sabor” voltará neste mes de outubro e por o prezo de 5€ podermos degustar dúas tapas e dous viños.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou “a importancia de promover o mercado e os seus productos de calidade. O mercado de Tomiño conta con productos de cercanía e que polo tanto teñen case nulo impacto ambiental”. González salientou ademáis “a organización dunha programación completa que busca ser práctica para os veciños e veciñas e na que os praceiros son os principais promotores”.
Carlos Rodríguez, organizador do Biomercado, adiantou o programa do mercado no que se inclúen “actividades de lecer e formativas que encheran a Praza do Seixo de vida saudable. O domingo no Seixo poderás comer dende comida vegana até visitar unha exposición de pintura ou practicar zumba”.
Antonio Tartaglione, concelleiro de Promoción Económica, salientou pola súa parte o carácter formativo dos cursos de cociña e agradeceu a labor dos praceiros e praceiras do mercado polo seu traballo de dinamización. Tartaglione comentou esta mañán que “todos os públicos, dende os máis pequenos até os adultos poderán aprender non só de cociña senón de hábitos saudables”