O Concello de Tomiño promociona o patrimonio cultural con visitas guiadas a Fortaleza de San Lourenzo de Goián, os Petrogrifos do Monte Tetón e Aula Museo Antonio Fernández.

A Aula Museo Antonio Fernández volveu abrir as súas portas esta mañán iniciando as visitas guiadas. Estará aberta os venres de 10 a 14h e de 17 a 21h e os sábados de 10 a 14h. A visita poderá ser guiada ou por libre, sendo responsables das mesmas unha técnica de historia de arte que informará aos visitantes sobre a vida e obra do pintor goianés Antonio Fernández.
O período estival, ademáis, trae consigo visitas aos petrogrifos do Monte Tetón e a Fortaleza de San Lourenzo de Goián. As actividades teñen como obxectivo promocionar o patrimonio histórico e dar a coñecer a riqueza histórica do Concello tanto aos visitantes de fora como aos veciños e veciñas.
A actividade ao Monte Tetón consistirán na visita guiado dos petrogrifos e das mámoas. O percorrido correrá da man do arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos, Xose Lois Vilar, que nos achegará a historia prehistórica do municipio. As visitas serán os venres 17 de xullo e 7 de agosto. É imprescindible inscribirse no teléfono 986 360 575 no horario de 18h30 a 21h30.
A fortaleza de San Lourenzo de Goián tamén se visitará o día 21 de agosto e o percorrido correrá a cargo de Hugo Lages. Ademáis, o Punto Fortaleza funcionará como oficina de información e posta en valor da Fortaleza de San Lourenzo. Para inscribirse no Concello de Tomiño, teléfono 986 622 001.
Todas as actividades son gratuitas e requiren de inscrición salvo as visitas a Aula Museo Antonio Fernández que se cinguirá ao horario de apertura do mesmo.
A Alcaldesa de Tomiño destaca a importancia de “promocionar o noso patrimonio e difundilo non só entre os que nos visitan no verán, senón tamén entre os veciños e veciñas que teñen con estas visitas guiadas unha oportunidade para coñecer o noso entorno”.cartel visitas guiadas