O Concello de Tomiño promociona o piragüismo entre o alumnado dos colexios do municipio.

semanazul1Tomiño, 01 de xuño de 2015.- O Concello de Tomiño e o Clube deportivo Miño-Os Teixugos organizan a “semana azul” co fin de promocionar o piragüismo entre os máis pequenos. A actividade comezou a semana pasada na que xa participaron os CEIP de Tebra e CEP Pedro Caselles. Nas vindeiras datas será o turno dos centros educativos de Sobrada, Barrantes e Pintor Antonio Fernández.
A actividade é gratuita e inclúese transporte con parada en cada parroquia. A actividade celébrase de tarde en horario que mellor conveñan os centros.
O alumnado, cunha idade superior aos 8 anos e con coñecementos en natación, adquirá un primeiro contacto con esta práctica deportiva da que máis dunha treintena de mozos e mozas de Tomiño practican de xeito habitual e que ten adquirido destacados premios nas competicións nacionais e internacionais.
O Clube deportivo Miño-Teixugos é un dos clubes de augas bravas máis destacado a nivel galego. O Slalom é unha disciplina olímpica que ano tras ano adquire maior protagonismo no panorama deportivo nacional, grazas a laboura e aos premios acadados polos clubes fora das nosas fronteiras.
Piragüistas como Laura Alonso, Sara Vázquez, Andrea González, Manuel Ochoa e Brais Castro son algúns dos piragüistas deste club que teñen acadado os maiores premios neste deporte.
O Concello de Tomiño na pasada Gala do Deporte quixo distinguir ao clube co premio “Promoción Deporte de Base”.
O clube deportivo Miño-Teixugos ven de participar a pasada semana no V Gran Premio Concello de Ribadumia de Slalom pertencente a Liga galega de Promoción do Slalom 2015.
A práctica deportiva flubial será un ano máis ofertada dentro da programación de verán.
A Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, valora moi positivamente o “traballo do clube Teixugos que apostan por unha práctica deportiva alternativa e profesional que fomenta os hábitos saudables entre os nenos e nenas de Tomiño”.



X