O Concello de Tomiño reabre as pistas deportivas do Mosteiro Tras realizar obras de mellora e mantemento de cara ao verán

O Concello de Tomiño vén de reabrir as pistas de tenis e pádel situadas na Área Deportiva do Mosteiro, despois de realizar obras de acondicionamento a semana pasada.

A intervención consistiu en acondicionar, pintar, instalar novas redes, e outras obras de mantemento de cara ao verán; época na que se produce un sensible aumento na utilización das instalacións, públicas e gratuítas.

Nas pistas, situadas  a carón do colexio público Pedro Caselles Beltrán, impártense durante as mañás, os campus de tenis e pádel durante os meses de xullo e agosto.

O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas e explica que as melloras son necesarias para asegurar condicións de seguridade e calidade de uso para os usuarios e usuarias.

Antes

Ahora