O Concello de Tomiño reabre o auditorio de Goián acondicionado como escola de música.

O Concello de Tomiño reabriu as súa portas este domingo nunha tarde na que o alumnado da escola de música, da escola de teatro e da treboada “os da fonte do frade” armonizaron unha xornada repleta de sorpresas.
Ata o de agora executáronse dúas fases das catro que se teñen previstas. Nestas primeiras fases a reforma consistiu en adecuar as instalacións para a escola de música que imparte as súas clases dende dende hai máis de 10 anos. O anexos do auditorio non contemplaban as necesidades que require impartir clases musicais o que dificultaba o bo funcionamento da escola.
Esta reforma supuxo a autonomía do funcionamento da escola de música do auditorio permitindo ser usadas de forma independente. Así creouse unha entrada indenpendente para a escola de música e mellorouse a existente que daba acceso ao auditorio coa ampliación do hall e a creación de novos baños.
A escola de música, pola súa parte, gañou en espazos adaptados a súas necesidades como unha oficina para a xerencia, un local de ensaio para a agrupación musical, unha biblioteca-fonoteca e unha aula de ensaio de uso múltiple.
As novas aulas están perfectamente insonorizadas e cumpren coas normativas vixintes para adaptar o seu uso a ensinanza musical.
O entorno do auditorio tamén se beneficiou dunha actuación na que se humanizou os arredores do auditorio e do pavillón acompañandose de bancos e arbolado.
A reforma tamén mellorou a accesibilidade que se complentará nas seguintes dúas fases que están en periodo de contratación. Nestas novas fases ampliarase a escola de música con máis aulas nas que novamente se contemplarán as melloras para o desenvolvemento das aulas.
Nestas 3ª e 4ª fases tamén o auditorio experimentará cambios cunha apliación do mesmo para camerinos e coa creación dun acceso directo ao escenario do que ata agora carece.
Orzamentariamente, nas dúas primeiras fases que foron executadas o importe supuxo 300.000 euros a cargo de fondos propios municipais. As dúas fases pendentes de contratar serán financiadas por fondos europeos (140.000 euros) e Deputación de Pontevedra (170.000 euros).
Os metros cadrados que foron intervidos até o de agora supoñen 585. Nas seguinte fases serán 381 metros cadrados.
A reforma e ampliación do auditorio de Goián era unha das peticións da Agrupación Musical de Goián que se encarga da ensinanza musical dos nenos e nenas do concello, máis de 150 alumnos. Un bo equipamento para as mesmas supón facilitar o aprendizaxe para o alumnado pero tamén unha maior profesionalización dunha escola que ano a ano crece na súa calidade formativa.
A escola de teatro e as clases dos treboeiros “os da fonte do frade” tamén se verán beneficiados destes investimentos e os tres colectivos disfrutarán dunhas instalacións sofisticadas e eficientes.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca que ” a reforma e a ampliación do auditorio era unha necesidade para os nenos e nenas que toman aulas de música. A súa eficiencia é para o equipo de goberno un motivo fundamental para investir porque o futuro dos mozos e mozas de Tomiño pasa pola cultura.”