15 Feb 2016 O Concello de Tomiño recibe a Anja Michaela Heinz, voluntaria europea estudanta da Escola de Administración Pública da Universidade de Kehl-Alemaña.

O Concello de Tomiño asinou un convenio coa Escola de Administración Pública da Universidade de Kehl para apoiar o intercambio de estudante entre países europeos.

Anja Michaela Heinz chegou esta tarde e permanecerá en Tomiño até maio desempeñando prácticas no departamento de cultura.

O Concello de Tomiño recibirá esta tarde a Anja Michaela Heinz, estudanta da Escola de Administración Pública da Universidade alemana de Kehl, que ven en calidade de voluntaria europea co fin de realizar prácticas no departamento de cultura.
O Concello de Tomiño, pertencente ao programa europeo ERASMUS, asinou un convenio coa Universidade alemana para apoiar o intercambio de estudantado entre países europeos por medio da realización de prácticas no estranxeiro dentro dun goberno municipal.
Anja Michaela Heinz procede de Kehl e estará en Tomiño até o 18 de maio. A súa labor desenvolveráa no departamento de cultura onde levará a cabo xestións adminsitrativas e de programación cultural.

A Alcaldesa, Sandra González, destacou que “Tomiño leva anos como concello receptor de voluntariado europeo e os mozos e mozas de Tomiño ademáis, lévanse beneficiado de estadías noutros países europeos grazas a inclusión do noso concello en programas europeos”. Segundo González, “formar parte dos programas europeos de ERASMUS ten consolidado non só expectativas formativas nos nosos mozos e mozas senón que ten complementado o seu curriculum académico e vital”.



X