O Concello de Tomiño retoma as actividades do Programa de Maiores.

O Concello de Tomiño inicia unha nova edición do Programa de Maiores. As actividades comezaron no día de hoxe e máis de 25 maiores retomaron as súas clases da man de técnicos especiliazados.
O Programa impártese no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Vontade, situado no Barrio da Rocha, en Tomiño. As actividades celébranse dous días a semana e abranguen tres áreas de traballo.
Por un lado, os martes de 10h a 11h30 desenvólvense actividades manipulativas, sociais, …a cargo dunha educadora social. Por outro lado, os venres en horario de 10h00 a 11h30 é o turno de actividades de estimulación cognitiva das que se encarga unha psicopedagoga. Os venres, ademáis, en horario de 11h30 a 12h30 un fisioterapeuta encárgase das clases de ximnasia, pilatas e movilización adaptadas.
Os principais obxectivos destas actividades do Programa de Maiores son promover as relacións sociais e a autonomía persoal.
A Concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, destacou que “ o Programa de Maiores busca mellorar a calidade de vida das persoas.” Segundo Martínez, “dende o Departamento de Servizos Sociais levamos a cabo programacións inclusivas que favorezan o benestar dos veciños e veciñas, e o Programa de Maiores é unha liña de traballo que ano a ano retomamos”.



X