O Concello de Tomiño reuniuse con Augas de Galicia co fin de buscar solucións ao Treito III do Colector.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o Concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campo Lago, reuníronse no día de onte co Director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquiera, co fin de tratar asuntos relativos ao saneamento do Concello de Tomiño.
O primeiro punto a tratar foi o referido ao Treito III do Colector que daría servizo aos veciños e veciñas das parroquais de Amorín, Currás e Sobrada. Esta é unha obra complexa que require dun orzamento superior ao millón de euros e que suporía dar solución ao grave problema que teñen os veciños e veciñas destas parroquias.
Ademáis, o encontro entre o Concello de Tomiño e Augas de Galicia supuxo retomar iniciativas alternativas de saneamento como un servizo municipal de baleirado de fosas sépticas ou novos modelos para zonas ailladas.
A reunión saldouse co compromiso do Director de Augas de Galicia para acadar solucións para o Treito III. Asimismo, foi recoñecido por parte de Gonzalo Mosquiera o esforzo do Concello de Tomiño en materia de saneamento.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou “a boa acollida por parte do Director de Augas de Galicia das propostas municipais”. Segundo González “o Director mostrou vontade de buscar solucións ao Treito III do Colector. Este é un dos temas que xa temos falado en ocasións anteriores e agardamos que de xeito conxunto poidamos levar adiante o antes posible”.