20 Out 2017 O Concello de Tomiño ven de aprobar o seu III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes O Plan estará en activo ao longo de todo o período 2017-2019

O Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Tomiño formúlase como un marco de actuación municipal que contén unha serie de estratexias dirixidas a facer real e efectiva a igualdade de mulleres e homes nos diversos ámbitos tales como o eido político, o económico e o sociocultural.

A finalidade principal deste Plan de Igualdade é a de xerar un cambio de carácter social, que elimine as desigualdades que se producen no contexto máis próximo e a violencia machista.

O documento, que se atopa cofinanciado polo Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra, convértese así nunha ferramenta estratéxica de traballo que aspira a garantir a coherencia, a continuidade e a eficacia na aplicación das medidas previstas.

Para facer efectivos os obxectivos plantexados, formulouse un Plan realista e viable, flexible e dinámico para axustarse á realidade e ás novas necesidades que poidan xurdir e, por suposto, participativo, contando para a súa elaboración coa colaboración e participación de axentes sociais do municipio.

O documento estará dispoñible para consulta de todas as persoas interesadas proximamente na páxina web do Concello de Tomiño.



X