O Concello de Tomiño ven de dixitalizar unha parte dos fondos do arquivo municipal.

O Concello de Tomiño ven de dixitalizar unha parte dos seus fondos documentais albergados no arquivo municipal. Entre o material dixitalizado atópanse libros de actas plenarias, de comisións permanentes, actas das xuntas locais de beneficiencia, de educación, de sanidade, ordenanzas e regulamentos, expedientes de división territorial, de compras, de cesións e un largo etcétera que cubre case un século de historia.
O proxecto de dixitalización de fondos correu da man dos técnicos da Deputación de Pontevedra, que se encargaron de seleccionar o material e de dixitalizalos.
O Concello de Tomiño consigue con este traballo, avanzar na conservación do seu arquivo e ademáis, facilitar a consulta dos seus fondos.
A Alcaldesa de Tomiño destacou o “traballo de conservación que levaron a cabo os técnicos da Deputación e que permitirán ao investigadores consultar os fondos municipais de xeito máis cómodo e rápido”. Segundo González, “agardamos que en breve poidamos continuar este proxecto dixitalizando os libros de padrón e outros documentos de valor histórico e patrimonial que non se puideron levar a cabo este ano”.