O Concello de Tomiño xestiona un programa europeo de emprendemento e emprego xuvenil dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos.

O Concello de Tomiño está a levar a cabo un programa europeo de emprendemento e emprego xuvenil chamado “Garantía Xuvenil” que procura a dinamización na búsqueda activa de emprego e na formación como forma de inserción sociolaboral.
Vai destinada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos que non teñan traballado e realizado actividades formativas nos últimos meses.
O sistema Garantía xuvenil serve de plataforma para diferentes actividades tanto formativas como laborais das que se poderán beneficiar os mozos e mozas que se inscriban. As actividades inclúen prácticas laborais en países da Unión Europea e cursos formativos gratuitos.
É un programa pensando nos mozos e mozas que abandoran o sistema educativo prematuramente e que actualmente atópanse en situación de desemprego e con risco de exclusión.

O programa está coordinado polo departamento de orientación laboral e polo programa de Educación Familiar da área de Servizos Sociais.



X