O Concello e o Instituto de Estudos Miñoranos impulsan unha xeira de balde polo Camiño da Nosa Señora do Norte O percorrido partirá este xoves dende a Igrexa de Santa María e contará con dous intérpretes de linguaxe de signos

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), en colaboración co Concello de Tomiño, organiza este xoves 2 de agosto unha nova xeira de verán, e xa van seis. Nesta ocasión, o protagonista será o Camiño da Nosa Señora do Norte, dos Linares ao Mosteiro de Tomiño. A saída comezará ás 18.30 horas e o punto de encontró será a Igrexa de Santa María de Tomiño. Estarán presentes dous intérpretes de linguaxe de signos para persoas xordas. O arquitecto Antonio Soliño Troncoso será o encargado de guiar e explicar o recorrido. Trátase dunha actividade de balde. Prégase puntualidade e aconséllase que os asistentes leven roupa cómoda

Nesta xeira darase continuidade a que se lle adicou o ano pasado a Goián como punto de contacto deste camiño co territorio galego. Visitarase e comentaranse os detalles dun notable patrimonio artístico, etnográfico e histórico. Falarase de seculares sobre seculares formas de ordenación do territorio, arquitectura vernácula, sobre indianos brasileiros e as exóticas arquitecturas que promoveron nas terras de orixe. Os participantes transitarán por espectaculares espazos de arquitetura románica construidos por Mestres canteiros do século XII.

Todo isto durante as aproximadamente tres horas que levará percorrer os 4,20 kilómetros.

O Camiño de Nosa Señora do Norte hacia Santiago sepárase do central en Barcelos (Portugal) e, tras pasar polos municipios de Viana do Castelo, Caminha e Vila Nova de Cerveira, entra en Galicia por Goián. É en Redondela cando volve a enlazar co Camiño central para dirixirse hacia Santiago de Compostela.