O Concello emprende a vindeira semana as obras de saneamento no barrio da Rocha.

A intervención, con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2015, dará servizo a once vivendas, que a partir de agora poderán engancharse á rede xeral

Once vivendas do céntrico barrio da Rocha, terán en breve o servizo de saneamento. As obras comezan a vindeira semana cun orzamento de 100.000 euros procedentes do Plan de Obras e Servizos 2015.

O concelleiro de Vías e Obras, Fran Campo Lago, mantivo hai uns días unha xuntanza cos veciños que se beneficiarán coas obras, co obxectivo de explicarlle os pormenores da intervención e os trámites necesarios para poder proceder ao enganche das súas vivendas á rede xeral.

Esta obra vén a sumarse ás que se levarán a cabo nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val; conexión co saneamento de Tomiño (fase IV) cun investimento de 258.389,11 euros, con cargo ao Plan Concellos 2016.
Estas dúas obras concluirán o saneamento no perímetro do casco urbano.