O Concello finaliza a súa programación para dar a coñecer o patrimonio de Tomiño coa andaina “O Miño: a raia da amizade”

Día: Sábado 27 de agosto

Hora: 11:00 h.

Punto de encontro: Espazo Fortaleza (entrada do antigo ferry), Goián (Tomiño).

Duración estimada: 3 horas

Dificultade: baixa

Inscrición: non é necesaria. Participación de balde

O vindeiro día 27 de agosto, sábado, finaliza a oferta de actividades do programa Tomiño Único cunha andaina que, baixo o nome “O Miño, a raia da amizade” percorrerá a senda do Miño desde o Espazo Fortaleza ata a praia de Eiras. No Espazo Fortaleza contextualizaremos a localización e as relacións transfronteirizas. Despois, visitaremos a fortaleza de San Lourenzo onde analizaremos os fortes do Miño na guerra con Portugal. Chegaremos ata o Peirao Vello para coñecermos a pegada e a transcendencia do contrabando. E, en Eiras, saberemos máis da pesca tradicional do Miño a partir dos traballos do etnógrafo Eliseo Alonso.

Organiza: Concello de Tomiño e “Monumenta: Andar con arte” Xunta de Galicia

Ligazón: https://galiciamonumenta.wordpress.com/2016/07/15/o-mino-a-raia-da-amizade/