O Concello inicia a segunda fase da reforma da praza de abastos para a creación dun centro de comercio local

Concello Tomiño obras 2ª fase praza abastos 1 Concello Tomiño obras 2ª fase praza abastos 4

As obras, que estarán rematada para o Nadal, abarcan o acondicionamento total da planta baixa do edificio

O goberno local de Tomiño vén de iniciar as obras da 2ª fase da reforma e modernización da Praza de Abastos.

Nesta segunda fase acondicionarase a planta baixa do edificio, dotándoo de todos os servizos (saneamento, instalación eléctrica, ventilación, etc.) necesarios para o seu correcto funcionamento. Deste xeito, as obras incluirán a creación dun novo chan, o acondicionamento total dos postos e unha disposición máis funcional do espazo existente.

A intervención, que estará rematada para o vindeiro Nadal, forma parte dun proxecto xeral de modernización das instalacións da praza de abastos, considerado prioritario polo goberno local nesta lexislatura, e que consistirá non so na reforma e mellora do edificio a nivel estrutural e de condicións hixiénico-sanitarias, senón tamén, na creación dun centro de comercio local, en cuxas características e dotacións está traballando o equipo de goberno, co asesoramento dunha consultora especializada.

Concello Tomiño obras 2ª fase praza abastos 2

Por outra banda, levouse a cabo un primeiro proceso de licitación dos postos, que xa están ocupados nun 60%. Ao longo da execución das obras abrirase outro prazo para subastar os postos restantes, polo que as persoas que teñan algunha idea de negocio ou emprendemento susceptible de insertarse no novo edificio, aínda están a tempo de presentar o seu proxecto.

Dentro da campaña de difusión que se está levando a cabo, o Concello creou unha páxina de Facebook (Mercado de Tomiño) que xa ten cerca de mil seguidores.

Nesta segunda fase, investiranse 210.000 euros, que veñen a sumarse aos 270.000 da 1ª fase.
Na primeira fase, procedeuse á reforma da cuberta, coa colocación dun novo tellado e á impermeabilización total do edificio, que sufría graves problemas de humidades.