O Concello inicia unha rolda de visitas ás traídas de auga para coñecer as súas necesidades

O obxectivo é realizar unha planificación plurianual de axudas para lograr unha mellora da calidade da auga

Visita traída Amorín 1 (Copy)

Os concelleiros de Obras e Saneamento, Fran Campo Lago, e de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, comezaron esta semana unha rolda de visitas ás comunidades de augas do Concello coa finalidade de coñecer as súas instalacións e escoitar de primeira man as súas necesidades.

Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, “o obxectivo destas visitas é realizar unha planificación plurianual de axudas para influír na potabilización e mellora na calidade da auga de consumo humano”.

 

 

Fotos: Visita á comunidade de augas de Amorín