O Concello iniciará a próxima semana obras de asfaltado en cinco camiños do municipio Está previsto que as actuacións rematen a finais de setembro

A próxima semana arrancarán as obras de asfaltado en cinco camiños do municipio. Concretamente, as melloras chegarán ao camiño de Gavín, na parroquia de Forcadela; o que está situado entre Pazo e Barrantes, antes de chegar á capela de San Miguel; o camiño que comunica Barro con Pousadela, pola parte de enriba do parque de Lagarello; o sendeiro entre Bouzón e Piñeiro, onde ademáis nas últimas semanas a comunidade de augas da zona cambiou por completo as tuberías, e, por último, acometerase tamén o asfaltado do camiño da Costa, que comunica con San Benito e Vilar de Matos.

As obras foron adxudicadas a empresa Construcciones Fechi e se espera que rematen a finais do mes de setembro. Está previsto que arranquen nos próximos días, en canto se aprobé o proxecto do plan de seguridade e saúde. O custe das actuacións é de aproximadamente 120.000 euros.  Para financiar as obras empregaranse fondos europeos e autonómicos.

O concelleiro de Obras e Saneamento, Francisco Campos, decidiu actuar nestes camiños porque actualmente están nunha situación precaria e necesitan dun asfaltado urxente. O sendeiro da Costa, por exemplo, estaba formigonado, polo que se decidiu que fora un dos elixidos, o que se aplicará una capa de rodadura de asfalto.

O Concello de Tomiño aposta por mellorar os camiños tanto do núcleo urbano como das parroquias, co fin de mellorar a seguridade vial para peatóns como para conductores.



X