O Concello organiza a II SEMANA SAUDABLE entre os días 4 e 8 de abril na Casa da Cultura de Tomiño

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Tomiño, no seu compromiso de mellorar a saúde mental e física da súa poboación, organiza a II SEMANA SAUDABLE, entre os días 4 e 8 de abril, con diferentes obradoiros e actividades teórico-prácticas na Casa da Cultura de Tomiño, en horario de tarde. O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE celébrase todos os anos o 7 DE ABRIL para conmemorar o aniversario da fundación da OMS (Organización Mundial da Saúde) en 1948.

A asistencia é totalmente GRATUITA.

Programa de actividades:

CONFERENCIA: CÓMO AFRONTAR O ESTRÉS. Luns, 4 de abril de 19h a 20.30h

Impartido por María José García del Cueto. Psicóloga formada en terapia gestalt, psicoterapia clínica integrativa e psicoloxía dos eneatipos. Membro do Equipo Guibor (Santiago de Compostela) e práctica privada en Vigo.

SINOPSE: O estrés defínese como unha reacción fisiolóxica do organismo ante unha situación que se percibe como ameazante. Pode ser adaptivo ou perxudicial para a vida dependendo da xestión que fagamos desta reacción. Neste contexto exploraremos a necesidade de expresar o non expresado, darnos de conta do que nos pasa tanto na relación con nós mesmos como cos demais, permitirnos sentir as nosas emocións, atender ás nosas necesidades e orientarnos a cubrilas, como camiño para afrontar o estrés.

 

OBRADOIRO: BENEFICIOS DA MEDITACIÓN. Luns, 4 de abril de 20.30h a 21.30h

Impartido por Carmen Serrano do Centro de Ioga Almiña. Profesora europea de ioga, especializada en iogaterapia, relaxación e respiración, formada na Universidade Internacional de Ioga Bihar School, de Paramahansa Satyananda (India) e por coñecidos maestros españoles.

SINOPSE: Se queres saber qué é a meditación, participa neste obradoiro para experimentar a actitude meditativa, estar no presente a través da atención. A meditación é unha das técnicas que axuda a combatir o estrés xa que calama a actividade mental, o que conleva a niveis de relaxación significativos. Experimentarase varias posturas meditativas (en pé, tumbado/a, andando, danzando) xa que meditar e observar de xeito desapegado, mantendo a atención centrada, tamén aprenderemos a relaxarnos de xeito rápido.

 

OBRADOIRO: DETECCIÓN E CONSUMO DE ALCOHOL E OUTRAS DROGAS NA ADOLESCENCIA. Martes, 5 de abril de 19h a 20h

Impartido por Manuel Ángel Lloves Moratinos. Psicólogo Clínico. Experto en Adiccións, Trastornos da Personalidade e Psicoterapeuta. Coordinador da Comunidade Terapéutica “Alborada” de Tomiño. Servizo Galego de Saúde (Xunta de Galicia).

SINOPSE: Partindo dos datos comparados do Plan Nacional sobre Drogas, en diferentes Institutos repartidos por todo o país, falarase da percepción do risco que teñen os adolescentes do consumo dalgunhas sustancias. Analizaremos os efectos que ten o consumo esporádico e o crónico nas funcións do cerebro, e por tanto na conduta e na personalidade, non só en idades temperás, senón na vida do adulto. Finalmente daranse pautas para o manexo na convivencia nas familias tanto na fase da infancia, como na adolescencia.

 

OBRADOIRO: CLAVES SOBRE O USO E O ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NA ADOLESCENCIA. Martes, 5 de abril de 20h a 21h

Impartido por Natalia González González, Traballadora Social e Técnica en Prevención de Drogodependencias da Asociación Érguete Baixo Miño.

SINOPSE:Se as tecnoloxías non son unha droga, por que crean adición? Como lle afectan ao noso cerebro?… Diferenciación entre un uso axeitado e abuso. O reto de formar persoas usuarias intelixentes. A través deste obradoiro coñeceremos os motivos que explican a especial afinidade entre menores e tecnoloxía, identificaremos os riscos máis comúns e os máis relevantes e veremos qué tipo de resposta educativa se require, xa que a educación e a intervencións de pais e nais é vital.

 

OBRADOIRO: POSICIÓNS FACILITADORAS DO PARTO. Mércores, 6 de abril de 18h a 19.30h.

Impartido por Nuria Peláez Rodríguez. Fisioterapeuta especialista no embarazo, parto e posparto.

SINOPSE:A finalidade deste obradoiro para preñadas é vivenciar as posturas que facilitan o nacemento do/a bebé conectando e reapropiándonos dos nosos corpos durante o parto. É preciso vestir roupa cómoda e calcetíns.

 

OBRADOIRO: SAÚDE SEXUA E REPRODUTIVA. Mércores, 6 de abril de 18h a 19.30h.

Impartido pola Dra. Isabel Pardiñas Costas. Especialista en Xinecología e Obstetricia. Xinecóloga na Clínica Centro Vigo. Directora do programa radiofónico “LA MUJER Y LA SALUD ” en Cadena Ser Vigo e colaboradora en Radio Municipal de Tui.

SINOPSE:

– A educación sexual é necesaria

– Sexo seguro e verdades sobre o virus do papiloma humano

– O dobre método

– Actividade sexual despois dos 60 anos.

– A capacidade reprodutiva está influenciada por moitos factores

– Parella fértil

– As técnicas de reprodución asistida non poden compensar a disminución da fertilidade

 

OBRADOIRO PRÁCTICO DE ACUPUNTURA. Xoves, 7 de abril DÍA MUNDIAL DA SAÚDE de 17h a 20h.

Impartido por Sandra Iglesias González. Técnica Superior en Acupuntura.

Actualmente exerce como acupuntora en diferentes centros.

SINOPSE: As persoas asistentes ao obradoiro poderán ser tratadas con Acupuntura. A acupuntura é un tratamento milenario que trata de mellorar, correxir ou previir as enfermidades, valéndose da estimulación producida en diferentes puntos do corpo.

Tamén falaremos dos meridianos e as súas funcións.

 

OBRADOIRO: BENEFICIOS DO IOGA PARA A SAÚDE. Xoves, 7 de abril DÍA MUNDIAL DA SAÚDE de 20h A 21h.

Impartido por Carmen Serrano do Centro de Ioga Almiña. Profesora europea de ioga, especializada en iogaterapia, relaxación e respiración, formada na Universidade Internacional de Ioga Bihar School, de Paramahansa Satyananda (India) e por coñecidos maestros españoles.

SINOPSE:O ritmo de vida que levamos conleva á creación de tensións físicas e psíquicas que, se non se relaxan, van crecendo día a día e poden influir negativamente sobre a saúde. Practicando ioga podemos relaxar estas tensións, mellorando tanto as dores físicas como as relacionadas coa mente, como a ansiedade e depresión. Neste obradoiro falaremos sobre qué é o ioga, dos diferentes tipos de ioga e os seus beneficios. Ademais experimentaremos co corpo, a través da observación e da relaxación mediante a respiración, para acadar descanso e equilibrio.. Así pódese flexibilizar e dar forza á columna vertebral disminuindo a tensión e as dores.

 

OBRADOIRO: CONCERTO DE GONG. Xoves, 7 de abril DÍA MUNDIAL DA SAÚDE de 21h A 22h.

Impartido por Pilar Díaz (Hari Manit Kaur). Hari Manit Kaur realiza concertos meditativos ou Baños de Gong e terapias vibracionais de son. Maestra de Gong formada polos maestros internacionais Don Conreaux, Tom Soltron, Abby del Sol e Surana Mojca. Terapeuta de Son, formada por Jacomina Kistemaker. Nivel I, nivel II e formación de son para profesionais, cuncos, tinshas, feng gong e voz.

SINOPSE: Todo o universo vibra e o ser humano non é unha excepción. Os nosos ósos, os nosos músculos, órganos, todos teñen a súa propia frecuencia vibratoira, o seu propio son. Pero tamén os nosos pensamentos e as nosas emocións son pura vibración. A terapia de son baséase no principio de resonancia: unha vibración máis intensa e armónica pode “contaxiar” a outra máis débil, disonante ou non saudable, modificándoa ata igualarse. O Gong é un dos instrumentos máis resonantes que existe, o seu son fará vibrar todo o espazo onde se atope, cargándoo dunha chea de frecuencias sonoras diferentes. Deste xeito, polo principio de resonancia, cada persoa absorberá as frecuencias que precise para restablecer un estado de saúde e harmonía. Así o corpor reláxase en profundidade, acadando un estado de relaxación profunda, aliviando tensións non só físicas, senón tamén mentais e emocionais.

 

OBRADOIRO: MITOS E VERDADES SOBRE O SINTROM. Venres, 8 de abril de 18h A 19h.

Impartido por Susana Daviña Romero, médica de familia do centro de saúde de Chapela (antes estivo no centro de saúde de Tomiño) e José Carlos Varela Alonso, enfermeiro do centro de saúde de Tomiño.

SINOPSE: neste obradoiro saberemos que é o SINTROM, mitos e verdades sobre o mesmo e tamén aprenderemos a interpretar a folla do SINTROM de forma práctica e amena.

 

CONFERENCIA: AS DOENZAS DAS ENCÍAS E A SÚA RELACIÓN COA SAÚDE EN XERAL. Venres, 8 de abril DÍA MUNDIAL DA SAÚDE de 19h A 20h.

Impartido por Dr. Ignacio Rodríguez Núñez. Doutor en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Magister en SaÚde Pública Oral e Atención Comunitaria pola USC. Experto Universitario en Métodos Avanzados de Estadística Aplicada pola UNED. Práctica privada en Tomiño.

SINOPSE: Os problemas de encías son moi frecuentes, afectando ata o 85% da poboación. As últimas investigacións teñen detectado que estes problemas asócianse cun risco máis elevado de aparición e progresión de enfermidades cardiovasculares, diabete, enfermidades respiratorias, artrite reumatoide, obesidade, así coma o nacemento de bebés prematuros. Falaremos de todas estas asociacións e do seu posible tratamento.
OBRADOIRO: OS NOSOS ALIMENTOS, AS NOSAS MEDICIÑAS. BENEFICIOS DUNHA NUTRICIÓN AXEITADA. Venres, 8 de abril de 20h A 21.30h.

Impartido por Francisco Pérez Varela. Osteópata e Naturópata. Director do Centro de Osteopatía e Naturopatía Francisco Pérez Varela en Vigo. Profesor na área de Biomecánica e Saúde na escola de pilates “INEX Pilates”.

SINOPSE: Dado que o poñente leva anos mergullido no estudo da influencia da nutrición no tratamento de diversas enfermedades, en concreto, na búsqueda de déficits nutricionais responsables da aparición das mesmas, relacionará de xeito teórico-práctico a alimentación con doenzas cardiovasculares, diabetes, obesidade, alerxias etc.

Por posible ENTREVISTAS, podedes chamar a:

Elisabet Pérez de Santiago
Departamento de Cultura-Responsable de proxectos europeos e voluntariado local
986 62 20 01/03