O Concello organiza cursos de Portugués (nivel 3) e de reparacións domésticas

Continúan impartíndose obradoiros de serigrafía, linguaxe de signos e tamboril

O Concello de Tomiño, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza cursos de Portugués Nivel 3 e Reparacións domésticas de carpintería e albanelería, que comezarán a finais do mes de outubro.

O primeiro deles (Portugués Nivel 3) iniciarase o 28 de outubro e terá unha duración de 30 horas. As clases impartiranse martes e xoves de 20.00 a 22.00 horas e terá un custe de 10 euros.

O obradoiro de reparacións domésticas comezará tamén contra o final do mes, e será totalmente gratuíto para as persoas interesadas.

A inscrición continúa aberta, polo que as persoas interesadas poden apuntarse no Concello ou ben, escribindo un correo electrónico a omix@concellotomino.com. Para máis información, chamar aos teléfonos 986 622 001/03.

Por outra banda, continúan a impartirse os cursos de serigrafía, linguaxe de signos e tamboril, organizados tamén polo Concello de Tomiño.