O Concello pon en marcha o Circuíto Cultural 2014

Co obxectivo de potenciar a difusión cultural a través das actuacións dos grupos folclóricos, musicais etc. do noso municipio, o Concello de Tomiño pon en marcha o “Circuíto Cultural 2014″.

Os convenios asignados cos grupos do noso municipio polas actuacións realizadas ao longo do ano 2014, permite a colaboración, tanto cos grupos, coma coas Comisións de Festas e outros organizadores de festexos parroquiais tradicionais, romarías etc.

Como achega á realización de ditos festexos, o Concello de Tomiño retribuirá aos grupos parte dos gastos das actuacións, correspondéndolle os organizadores abonarlle ao grupo a diferenza do prezo establecido a hora da contratación da actuación.
As Comisións de Festas e outras entidades organizadoras deberanse poñer en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes. Os grupos deben dispor dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. A actuación deberá realizarse sempre dentro do municipio de Tomiño.

Unha vez contratada a actuación, os organizadores darán coñecemento ao Concello de Tomiño mediante unha solicitude cunha antelación superior aos 30 días á celebración das festas. A autorización á petición da actuación solicitada será comunicada pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño.

O pago de dita achega realizarase polo Concello previa presentación da factura correspondente da Agrupación, e unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de xustificación de actuación debidamente cumprimentado.

Ningunha Comisión de Festas nin outros organizadores de ditos festexos poderá presentar máis dunha solicitude por evento, aínda que en casos excepcionais o Concello poderá autorizar máis dunha actuación.

No seguinte recadro figuran os tipos de grupos de Tomiño que aceptaron participar no Circuíto Cultural así como a retribución económica do Concello por cada actuación:

Banda de Música 400,00 €
Corais 200,00 €
Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 250,00 €
Grupos de Gaitas 200,00 €
Treboadas 200,00 €
Pandereteiras 150,00 €
Murgas 150,00 €
O Concello de Tomiño facilitaralle as comisións de festas e aos organizadores dos festexos que soliciten información, os contactos dos grupos e das asociacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural.

As agrupacións participantes no Circuito Cultural do ano 2014 son ás seguintes:

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE GOIÁN (BANDA DE GOIÁN)
ASOCIACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE TOMIÑO
ASOCIACIÓN CULTURAL ESCOLA DE DANZAS E GAITAS VIRXE DO ALIVIO

Ás Treboadas :

ASOCIACIÓN TREBOADA BAIXO MIÑO
ASOCIACIÓN CULTURAL OS DA FONTE DO FRADE
ASOCIACIÓN CULTURAL TREBOEIROS DA MUIMENTA
ASOCIACIÓN VECIÑAL DE PINZÁS

Pandereteiras:

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE AMORÍN – ANTRORIOS DE AMORÍN
ASOCIACIÓN CULTURAL MULLERES DO MARAGHOZO
ASOCIACIÓN CULTURAL CACHARELA DE TABORDA

Murgas / Charangas

ASOCIACIÓN BRISAS DE TOMIÑO
ASOCIACIÓN CULTURAL COMPARSA LUCES DE TOMIÑO