O Concello presenta o proxecto “Up + Un paso máis” a unha vintena de emprendedores

DSCN9574

Hoxe tivo lugar no salón de plenos a presentación do proxecto “UP+ Un paso máis” ante unha vintena de emprendedores. A iniciativa ten como finalidade apoiar o autoemprego creando unha rede de colaboración entre as empresas do municipio.

A presentación estivo a cargo de Juancho Armental, director xerente do Grupo Arestora, consultora que leva adiante o programa, por encargo do Concello.

Nos vindeiros días comezarán as entrevistas con cada un dos emprendedores para coñecer en detalle a situación e ideas de emprendemento dos mesmos.