11 Dec 2014 O Concello propón un Nadal con panxoliñas, teatro familiar, obradoiros e concertos

A Concellaría de Cultura organiza unha programación de Nadal chea de actos. Panxoliñas, obradoiros infantís, teatro familiar, concerto de Ano Novo e cabalgata de Reis son só algunhas das actividades propostas para estas datas.

A programación iníciase o vindeiro domingo, 14, co espectáculos Panxoliñas Nadal Coral, na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

O sábado 20 de decembro terá lugar el Festival de Nadal Virxe do Alivio, tamén na Casa da Cultura, ás 20.00 horas.

O luns 22, Obradoiro Interxeracional de Agasallos de Nadal, no Centro de Día de Tomiño, entre as 11.00 e as 12.00 horas, con persoas maiores e nenos (de 6 a 12 anos).Para participar é necesario inscribirse no Concello.

A programación continúa o sábado 27 de decembro, co espectáculo “Holy Night”, con entrada de 3 euros para os adultos e nenos/as gratis. Na Casa da Cultura ás 18.00 horas.

O domingo 28, teatro cos “Tres porquiños”, da compañía Educa Teatro. Tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas. Adultos: 3 euros. Nenos/as de balde.

Luns 29 e martes 30 haberá gran Festa Infantil no pavillón da Carballa, con sorteo de agasallos. Entre as catro e as oito da tarde.

No mes de xaneiro, continúa a programación de Nadal. O venres 2, celebrarase o obradoiro “Un agasallo para os avós”, con Migallas Teatro.. Será na Casa da Cultura, entre as 17.30 e as 19.30, sendo preciso apuntarse previamente no Concello.

Ese mesmo día, gran Concerto de Ano Novo co Coro Passionato. Casa da Cultura, 20.00 horas.

O sábado 3 de xaneiro, teatro con “A nena e o grilo nun barquiño”, de Urdime. Propostas culturais para a infancia e a xuventude”. Casa da Cultura, 18.00 horas. Adultos, 3 euros. Nenos/as, de balde.

O domingo 4, maxia e teatro con “O pequeno mago”, tamén na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

Finalmente, o luns 5 de xaneiro, será a Cabalgata de Reis, con saída dende o Campo do Alivio, ás 16.30 horas. As súas Maxestades recibirán aos pequenos/as e haberá sorteo de agasallos.

Organiza Concello de Tomiño coa colaboración das asociacións Vontade, Avelaíña, Adeto e voluntarios da OMIX.



X