29 Ago 2014 O Concello vén de clausurar a sexta edición da Escola de Verán de Tenis

Máis de 70 nenos e nenas de Tomiño participaron nesta actividade deportiva, organizada pola Cncellería de Deportes coa colaboración da Deputación de Pontevedra

Concello Tomiño entrega medallas tenis 2014

O Concello de Tomiño ven de clausurar a VI edición da escola de verán de tenis que como é habitual reúne a nenos e nenas de diferentes idades.
A actividade, organizada pola Cncellería de Deportes coa colaboración da Deputación de Pontevedra, é unha das máis solicitadas e este ano como non podía ser menos, máis de 70 nenos e nenas do municipio volveron a practicar este deporte durante os meses de xullo e agosto.
Iniciación, perfeccionamento, xogo en equipo, técnicas de adestramento, etc., son algúns dos obxectivos que busca esta escola de verán. O profesor Fabián Gutiérrez, leva anos adestrando a nenos pero tamén a adultos nun deporte que cada día ten máis adeptos.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a Concelleira de Deporte, Cristina Martínez, fixeron entrega esta mañá dos diplomas, medallas e trofeos aos participantes na escola de verán.
Alí congregáronse nais, pais e familiares que quixeron compartir cos seus fillos e fillas un final de escola de verán que xa anuncia a pronta volta a escola.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, enfatizou “a importancia de promover o deporte entre os máis pequenos e de crear hábitos saudables. Ademais, en Tomiño contamos cunhas pistas de tenis e pádel abertas ao público que conforman a Área Deportiva Mosteiro no que ano a ano investimos na mellora das súas instalacións”.

 

 



X