O concurso fotográfico “Viaxando” chega a súa 11ª edición Poden presentarse mozos e mozas de entre 12 e 35 anos e o prazo remata o día 22 de setembro

Convocada a 11ª edición do concurso de fotografía “VIAXANDO” (para mocidade de 12 a 35 anos) organizada polos concellos de Baiona, Gondomar, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, O Porriño e Salceda. Entre todas as fotos recibidas o xurado escollerá a gañadora (premio unha tablet) e todas as presentadas serán expostas de xeito itinerante por todos os concellos organizadores. No seguinte enlace pódense consultar as bases:

bases viaxando 2017