O Departamento Local de Emprego informa que quedan prazas vacantes para cursar un Ciclo Medio de FP de Carrocería no IES “A Sangriña” de A Guarda Os requisitos son ter entre 18 e 30 anos e ter a ESO ou proba de acceso a ciclos. Tanto o 1º coma o 2º ano do curso, os participantes percibirán becas libres de impostos

O Departamento Local de Emprego do Concello de Tomiño informa que aínda quedan prazas para aquelas persoas que desexen cursar un ciclo medio de Formación Profesional. Trátase do Ciclo Medio de FP Dual de Carrocería, que se pretende impartir no IES “A Sangriña” de A Guarda no curso próximo.

Os requisitos para poder inscribirse son ter entre 18 e 30 anos, estar en posesión do título da ESO ou probas de acceso a ciclos.

Este curso de  formación profesional consta de dous cursos anuais, nos que se combinan estudos no IES e práctica en empresas.

No primeiro ano haberá5,5 meses de de clase e a continuación 6 meses de prácticas en empresas, remuneradas con 500 euros por mes e libres de impostos. Durante o segundo ano, as clases desenvolveranse ao longo de 4,5 meses e a continuación segurán as prácticas en empresas 7 meses, remuneradas con 600 euros, tamén libres de impostos.

A empregabilidade do alumnado deste tipo de cursos é moi alta; neste caso podería chegar ao 100%, xa que na zona non hai técnicos en carrocería e son moi demandados.

Para máis información e inscricións, achegarse ao IES “A Sangriña” de A Guarda en horario diurno. Avenida Paseo Portugal, 21, 36780 A Guarda, Pontevedra. Teléfono: 886 11 00 60

Sitio web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/