O deporte tomiñés continúa amosando o seu bo nivel Fin de semana de vitorias en judo, atletismo e bádminton

As e os deportistas tomiñeses seguen a demostrar o bo nivel co que comezaron esta tempada en distintas disciplinas tras unha fin de semana na que colleitaron numerosos éxitos tanto en judo como en atletismo e bádminton. O Concello de Tomiño está moi orgulloso do papel que están a desempeñar os deportistas da vila nas distintas categorías e quere felicitar a todos e todas polo gran esforzo feito e por todos os logros recollidos ata o de agora nas súas disciplinas.

Fin de semana de éxitos

Gran papel desempeñado polos judokas tomiñeses esta fin de semana tanto a nivel galego como nacional. Así, na categoría junior, Brais Pereira converteuse en campión galego, acadou o terceiro posto no sector nacional e participará na Liga nacional, mentres que Elena Cañibano converteuse en subcampiona galega e obtivo a clasificación directa para o campionato de España ao quedar en segunda posición no ranking nacional. Pola súa banda, Adrián Romero, que acaba de subir a categoría junior, conseguiu un meritorio quinto posto no campionato galego e foi seleccionado para participar no sector nacional, onde quedou tamén en quinta posición, nesta ocasión por diante do campión e do subcampión galegos. Ademais, a judoka Yohanna da Cuña, aínda cadete, quedou subcampiona galega junior, quinta no sector nacional e viaxará a Fuengirola para participar na Copa de Europa Cadete.

En bádminton, o xogador tomiñés Hugo Domínguez desempeñou un gran papel no TTR Sub15 disputado este fin de semana en Oviedo, onde acadou un fantástico segundo posto. Tamén o seu irmán, David Domínguez, fixo un moi bo torneo na categoría Sub11, representando un meritorio papel na primeira fase.

Xa en atletismo, o Club Trega continúa colleitando éxitos. Aínda que nesta ocasión o equipo quedou coa mel nos labios tras rozar o podio no Campionato de Galicia Escolar de Campo a Través de Xogade, disputado na Pobra do Carami

 

ñal, Álex Sierpe volve a casa con medalla. Ao corredor tomiñés escapóuselle o ouro no último momento na categoría de alevines e quedaba segundo clasificado, proclamándose subcampión galego nun disputadísimo sprint e perdendo o liderado xusto na liña de meta a centésimas do primeiro clasificado. O seu irmán, Christian Sierpes, acadou un quinto posto. Na categoría alevín o Club de Atletismo Trega completaba a súa participación con Óscar Eiras (45ª posición), Marco Martínez (47ª) e Sergio Morais (56ª), sumando 69 puntos e terminando a tan soamente dous puntos da prata e do bronce por equipos, nas que houbo empate técnico.

Ademais, quinto e sexto posto para Carmen Magallanes e Elisa Morgado na categoría alevín feminina e tamén quinto posto para Marcela Rodríguez en infantil feminino, co que o Trega remata practicamente a tempada invernal cun gran papel nas competicións de campo a través.



X