O DESAFIO TERRAS de TURONIO 2014 “CARREIRA DAS LETRAS” REUNIRÁ ESTE DOMINGO EN TOMIÑO A MÁIS DE 150 CICLISTAS

A carreira, que pasará polas parroquias de Estás, Figueiró, Goián, Barrantes e Pinzás, foi presentada este mediodía no Concello de Tomiño

O centro de Tomiño será, o vindeiro domingo, 18 de maio, punto de saída e meta da carreira de BTT máis esixente de Galicia cun desnivel positivo próximo ao 2500m. A proba, que terá unha distancia total de 105 km. disputarase baixo a modalidade de parellas podendo estas ser masculinas, femininas ou mixtas.

Esta proba de BTT, unha das máis duras de Galicia, foi presentada este mediodía no Concello de Tomiño. Na oportunidade, a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, estivo acompañada por Javier Sánchez, responsable da organización da carreira.

Dende esta Concellaría apostamos polo deporte coma práctica saudable ao aire libre, ao tempo que damos a coñecer a nosa contorna natural”, explicó Cristina Martínez, durante a presentación do evento.

Agárdase unha participación de 150 corredores chegados de toda Galicia e mesmo hai confirmados varios equipos procedentes de Asturias, León e Norte de Portugal. Entre os favoritos ao triunfo final, destacar os equipos galegos Team Corbelo, CC De la Fuente e LolaLola-Gomistar , así coma o asturiano Biciarte Bike Team.

No seu percorrido polo Concello de Tomiño, a proba pasará polas parroquias de Estás, Figueiró, Goián, Barrantes e Pinzás.

Haberá tamén circuito infantil, de 10 a 12 horas.

Máis información, na web www.magmasports.es