O prazo de presentación de solicitudes para as subvencións municipais dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades culturais, deportivas e sociais, remata o vindeiro día 14 de abril.

As entidades ou deportistas individuais que o desexen poden aínda solicitar as devanditas axudas nas oficinas do Concello de Tomiño.

As subvencións destinadas a entidades culturais, sociais e deportivas, teñen como finalidade apoiar e promover todas aquelas actividades que repercutan no desenvolvemento do municipio e que contribúan ao fomento dos intereses dos veciños e veciñas do municipio e en especial a promoción e a recuperación da cultura e tradicións locais; participación cidadá e fomento do deporte.

Con este fin, o Concello impartiu un curso a asociacións sobre como tramitar subvencións ou xestionar unha entidade sen ánimo de lucro.