20 Out 2015 O “é aprender” inicia a súa cuarta edición cunha metodoloxía totalmente renovada.

O programa “é aprender” inicia unha nova edición estreando unha nova metodoloxía. Esta é a cuarta edición que comezará o vindeiro mes de novembro e dará apoio e reforzo escolar a alumnado de Primaria e ESO.
O progama está destinado a 5º e 6ª de primaria e a 1º e 2º de ESO. Os espazos para o alumnado de ESO serán ao Centro Social de Estás, a Casa Cultural de Piñeiro e a Casa Cultural de Currás. Para o alumnado de Primaria serán a Casa Cultural de Santa María de Tebra, a Omix de Tomiño, a Escola Obradoiro de Goián, o Pavillón de Barrantes e a Casa Cultural de Currás. Os horarios están organizados en función do lugar e aglutina en grupos separados o alumnado de primaria e o de secundaria. Así no horario de 16h00 a 18h00 haberá clase para os grupos de primaria en Tebra, en Tomiño, en Goián e en Currás; e de 18h15 a 20h15 para primaria en Barrantes, e para secundaria en Estás, en Piñeiro e en Currás. As clases serán os luns, martes, mércores e xoves dependendo do grupo e do espazo onde se desenvolven as aulas.
As novidades de este ano, ademáis da inclusión de niveis de secundaria, é a contratación dunha coordinadora externa que estará en todos os espazos acompañando ao grupo de voluntariado e que permitirá unha profesionalización do servizo. Á maiores contaremos coa presenza dunha docente contratada a través da Deputación.
Metodolóxicamente traballarase do mesmo xeito en todos os lugares empregando os mesmos criterios. A organización do tempo farase de xeito que na primeira hora realizarán as tarefas escolares e na segunda realizaranse actividades co fin de traballar aspectos diversos como a atención, a motivación, a autoestima, a resolución de conflitos, …
Como ven sendo habitual, o programa contará cun gabinete psicolóxico do que se beneficiarán os alumnados derivados dende o servizo de orientación do instituto para secundaria, e dende a coordinación do programa para os casos de primaria.
O “é aprender” ten colleitado diversos éxitos e ten adado repercusión fora do Concello. No ano 2014 Unicef premiou ao Concello de Tomiño no Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal polo seu traballo a prol da educación.
As familias interesadas aínda está a tempo de inscribirse dirixíndose ao correo electrónico omix@concellotomino.com ou no Departamento de Cultura do Concello de Tomiño.



X