O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Informacion Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda, Baiona, O Rosal e O Porriño convocan o XII Certame fotográfico “VIAXANDO” As bases foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do día 11 de maio de 2018 e poden consultarse en calquera das entidades organizadoras

O Espazo Xove de Tui e as Oficinas Municipais de Informacion Xuvenil de Gondomar, A Guarda, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona, O Rosal e O Porriño convocan o XII Certame fotográfico VIAXANDO.

Poderá participar mocidade de entre 12 e 35 anos. Cada participante pode presentar unha única fotografía. As fotografías poderán ser en cor ou branco e negro.
O prazo para presentar os traballos rematará o 26 de setembro do 2018.
Concederase un único premio consistente nun curso personalizado de fotografía, a realizar nalgún dos concellos organizadores nos tres meses seguintes do fallo público.

Coas fotografías presentadas a concurso realizarase unha exposición itinerante que percorrerá
o Espazo Xove de Tui e as OMIX que forman parte deste traballo en rede, inaugurándose oficialmente no Concello de Gondomar.

As bases foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra do día 11 de maio de 2018 e poden consultarse en calquera das entidades organizadoras onde tamén se poderán presentar as fotografías participantes.

Máis información no Espazo Xove de Tui. R/ Sanz, 28 Teléfono: 886110797

BASES:

Consúltalas neste link:

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/05/11/2018023493