III Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Imaxes con Fondo’

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que fai parte o noso concello, vén de ampliar o prazo para concorrer ao III Concurso de Fotografía e Vídeo ‘Imaxes con Fondo’ que, atendendo ao actual contexto internacional, marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, convida a reflexionar sobre a interculturalidade.

Unha viaxe aos proxectos do Fondo Galego de Cooperación en Mozambique e unha cámara réflex son os principais galardóns nas categorías adulta e xuvenil.

 

Máis información:

161011 NP concurso ampliacion

 

https://www.facebook.com/events/567703810074029/

comunicacion@fondogalego.org

www.fondogalego.org