O futbolista tomiñés Diego Silva, premio Xogador Cinco Estrelas Mahou da primeira volta O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente o gran papel que está a desempeñar o xogador do Coruxo FC

O futbolista tomiñés Diego Silva vén de recibir o premio ao Xogador Cinco Estrelas da primeira volta, un certame impulsado por Mahou a través do que os afeccionados elixiron ao xogador do Coruxo FC como mellor deportista do seu equipo durante a primeira metade da temporada.

O responsable da Concellería de Deportes de Tomiño, Ismael Troncoso, quere felicitar publicamente a Silva polo gran papel que está a desempeñar no eido do deporte, recoñecemento que agora lle chega a través dun premio nacional. O concelleiro subliña que “é un orgullo para Tomiño ter un xogador con esta proxección deportiva”.

O xogador tomiñés, de 31 anos e un dos máximos goleadores do seu equipo no que vai de temporada, chegou ao Coruxo FC este verán procedente do Choco para reforzar o ataque do club. Esta é a súa segunda etapa vestindo a camiseta verde, xa que militara no equipo de O Vao na tempada 2008/2009, en Terceira División.