O goianés Charly López, do Spartan Team, proclámase Campión Galego de Boxeo, da categoría super welter(-69kg.), por 2º ano consecutivo O concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, Ismael Troncoso, quere facer públicos os seus parabéns para este grande deportista do boxeo e kick-boxing

O goianés Charly López, do Spartan Team, proclamase Campión Galego de Boxeo, da categoría super welter(-69kg.), ao vencer ao seu rival Aarón González, nunha intensa e emocionante final.
Ao final de 3 intensos asaltos, a victoria foi para o tomiñés, campión galego por segundo ano consecutivo. O concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, Ismael Troncoso, quere facer públicos os seus parabéns para este grande deportista do boxeo e kick-boxing.