O Grupo de Desenvolvemento Local GDR 14 presentou as Liñas de Actuación e o Plan de Acción da súa estratexia

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron onte en O Rosal o documento da segunda fase do proceso participativo, previo á presentación da candidatura final

eurural-grd-orosal-2 (Copy)

O Concello de O Rosal acolleu hoxe na Adega Lagar de Fornelos un
acto no que o Grupo de Desenvolvemento Rural presentou o segundo documento xerado no proceso participativo de elaboración da estratexia, que recolle cáles serán as liñas de actuación e o plan de
acción na xestión dos fondos LEADER para o periodo 2014-2020.
Os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural 14 foron os encargados de presentar o documento, froito do esforzo e traballo de multitude de persoas do
territorio que aportaron as súas ideas, propostas e visión nesta penúltima fase do proceso.

eurural-grd-orosal-3 (Copy)
Na actualidade os GDRs de Galicia están inmersos no proceso de elaboración das estratexias de desenvolvemento local, que serán presentadas a finais de mes. Cada grupo GDR opta a xestionar
entre 3 e 5 millóns de € no novo periodo. A suma asiganda a cada grupo dependerá da calidade da estratexia, da implicación da poboación no proceso participativo, así como de criterios de
desenvolvemento do territorio.
Mediante un acto simbólico e a proxección dun video os rexidores presentaron este segundo documento que recolle as prioridades identificadas para o territorio, reflexadas de xeito concreto en
liñas de actuación, e agradeceron a todas as persoas que participaron o seu traballo e compromiso co futuro do noso territorio.
A alcalde de O Rosal, Jesús María Fernández Portela, anfitrión do acto, foi o encargado de depositar no panel simbólico do proceso o novo documento e encender a luz verde que pecha a fase 2 do proceso, e recalcou o agradecemento ás persoas que traballaron no proceso participativo e o compromiso que o Concello de O Rosal ten co programa e co GDR 14.
Pola súa banda, a Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra Gonzalez, resaltou a oportunidade única que supón o Programa LEADER Galicia 2014-2020 para seguir traballando no
desenvolvemento do noso territorio rural, e puso en valor o caracter participativo que xerou o documento, fruto do traballo de todos e todas. Agradeceu así mesmo aos alcaldes do territorio o seu
apoio e implicación co proceso de candidatura do GDR14.
O lugar elexido para a celebración do acto de hoxe foi a Adega Lagar de Fornelos, que acadou fondos do programa LEADER anterior 2007-2013.

eurural-grd-orosal-1 (Copy)
A finais de mes o GDR porá o broche final ao proceso participativo coa presentación e publicación da candidatura completa nun acto de celebración de carácter festivo en Tomiño.
Máis información:
Eva Gil – Persoal Técnico do GDR Maiv Baixo Miño:
info@eurural.org