19 Xuñ 2014 O Grupo de Desenvolvemento Rural AGDR18 MAIV-BAIXO MIÑO achegou 250.000 euros para o Centro Dotacional de Torroso (Mos)

Permanece aberto o prazo para presentar proxectos e solicitar subvencións.

Na edición 2007-2013 o AGDR investiu en proxectos de dinamización máis de 4 millóns de euros de fondos Leader, e conta con máis 2,5 para o período 2014-2015

O Grupo de Desenvolvemento Rural AGDR18 MAIV-BAIXO MIÑO achegou 250.000 euros para o centro dotacional de Torroso, inaugurado o pasado sábado en Mos.

Este proxecto foi posible grazas á Comunidade de Montes de Torroso, propietaria dos terreos nos que se asenta o novo edificio e que financiou gran parte do proxecto, e tamén grazas á subvención do AGDR 18 MAIV-Baixo Miño (250.000 euros) procedente de fondos europeos (Programa Leader). A adecuación dos exteriores foi realizada pola Deputación de Pontevedra.

A presidenta do AGDR18 e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que estivo presente no acto de inauguración, celebrado o pasado sábado en Mos, lembra que continúa aberto ata o ano 2015 o prazo para presentar proxectos e solicitar axudas con cargo a fondos Leader.

A rexedora explicou que as ideas e proxectos subvencionados ata o de agora, tiñan coma obxectivo principal, dinamizar o rural. Asemade, comentou que a xestión do AGDR 18 na edición 2007-2013, investiu en proxectos máis de 4 millóns de euros, e conta con máis de 2,5 para o período 2014-2015. Polo mesmo, animou aos emprendedores e empresarios da zona de influencia a presentar as súas ideas aos técnicos da asociación, e consultar a viabilidade das mesmas de cara a conseguir unha subvención.

Entre os numerosos proxectos subvencionados polo grupo, atópanse moitos de dinamización do sector agro-forestal, mellora medio ambiental e da contorna rural, e diversificación da economía rural e mellora da calidade vida.

Para coñecer os proxectos concretos que foron subvencionados ata o momento, pódese consultar a seguinte ligazón:

http://www.agdr18.org/?sec=20

 

 

 



X