O grupo de voluntariado de Tomiño organiza actividades lúdicas e medioambientais As persoas que desexen apuntarse ao programa, teñen que darse de alta na OMIX (no antigo centro de saúde)

O Concello de Tomiño vén de presentar a programación de voluntariado do verán 2017.

Algunhas actividades están destinadas á infancia, coma os obradoiros de xogos tradicionais ou o taller de igualdade de xénero. Outras, ás persoas maiores de 60 anos, coma o obradoiro de benestar ou os de bailes e cancións e cestería.

O ciclo de cine “Videoforum Ambiental”, que terá lugar na Casa de Cultura os días 26, 27 e 28 de xullo, de 10.30 a 12.30 horas, está dirixido a todo público, igual que a actividade de interese medioambiental “Recollida de lixo en Kayak”, que terá lugar o mércores 2 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.

As persoas que desexen participar coma voluntarias, poden darse de alta na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), beneficiándose dunha serie de vantaxes.

 



X