O grupo de voluntariado do Concello de Tomiño organiza un CLUB DE LECTURA ADOLESCENTE A actividade, gratuíta, inaugurarase o sábado 30 de xuño, ás 10 da mañá, no Mercado Municipal

O grupo de voluntariado do Concello de Tomiño organiza un CLUB DE LECTURA ADOLESCENTE. A actividade, gratuíta, inaugurarase o vindeiro sábado, 30 de xuño, ás 10.00h no Mercado Municipal de Tomiño.

A partir de alí, a actividade  vai ter lugar todos os sábados (cada 15 días) en horario de 11 a 12 da mañá.Entre os obxectivos do obradoiro, máis alá de mellorar a comprensión lectora e a lecto-escritura, figura o de que a mocidade reciba ferramentas para unha educación crítica e habilidades para a oratoria.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse aínda, enviando un correo electrónico a: omix@tomino.gal

 

PROGRAMA

Sábado 30 de xuño, de 10 a 11h: Presentación, reparto dun exemplar do libro “Aire Negro” de Agustín Fernández Paz, ambientado en Goián. As persoas asistentes suxerirán libros que lle gustaría ler de acordo coas temáticas establecidas a priori.

Sábado 14 de xullo de 11h a 12h: Comentaremos Aire Negro, e indicamos este día ou antes a través grupo de whatsapp cal será o seguinte libro (cadaquén terá que mercar o seu).

VINDEIRAS CITAS (a mocidade asistente recibirá un calendario coa programación detallada)

Sábado 28 de xullo de 11 a 12h

Sábado 11 de agosto de 11 a 12h

Sábado 25 de agosto de 11 a 12h

Sábado 8 de setembro de 11 a 12h

etc.