29 Set 2014 O I Simposium Internacional de Escultura do Miño clausúrase con grande éxito

Simposium_21 (Copy) Simposium_31 (Copy)

O acto, celebrado onte ás sete da tarde no Espazo Fortaleza, estivo presidido pola alcaldesa de Tomiño e o vicepresidente da Cámara Municipal de Cerveira

O I Simposium Internacional de Escultura do Miño, organizado conxuntamente polos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, dentro da Carta da Amizade que une a ambos os pobos fronteirizos, foi clausurado onte pola tarde no Espazo Fortaleza de Goián.
Durante dúas semanas, seis artistas de renome internacional traballaron ao vivo pedras de grandes dimensións, na súa maioría mármore, transformándoas en valiosas obras de arte. Foi numeroso o público que acudiu a ver traballar aos escultores, e moitos seguiron os avances das súas obras día tras día.
Coordinado polo escultor local Nando Álvarez, este primeiro certame reuniu a seis figuras destacadas do panorama artístico internacional: BATU (Isidore Siharulidze) EE.UU.; GHEORGI FILIN. ITALIA;
HSIANG, KUANG-HUA. TAIWÁN; JORGE ELIZONDO. MÉXICO;
VIKTAR KOPACH. BIELORRUSIA, e VITOR REIS. PORTUGAL.

O evento foi clausurado onte ás sete da tarde no Espazo Fortaleza, coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Vítor Costa, e as concelleiras de Cultura de ambos os municipios fronteirizos. Os representantes municipais das dúas vilas fronteirizas reiteraron a súa vontade de consolidar este certame dentro do protocolo de amizade que une a ambos os pobos.

Ao acto de clausura, asistiron tamén os escultores convidados con algún membro das súas familias, artistas locais e público en xeral, que puideron apreciar as obras de arte rematadas.

Simposium_30 (Copy) DSCN9018 (Copy)

 

DSCN9013 (Copy) DSCN9012 (Copy)

 

DSCN9015 (Copy) DSCN9006 (Copy)

 

DSCN9008 (Copy)



X