O Instituto de Estudos Miñoranos organiza o día 5 de xullo unha visita guiada aos petróglifos do Monte Tetón

O Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha visita nocturna guiada aos petróglifos do Monte Tetón.

A saída será ás 20.30 horas dende a Casa da Cultura de Tomiño, é de caracter gratuito e non fai falla inscribirse con anticipación.

O ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, ofrece mostras de arte primitiva de gran relevancia.

Os gravados prehistóricos agrúpanse en dúas estacións principais nos que se inclúen un repertorio iconográfico composto por cazoletas, formas cuadrangulares, figuras animais e humanas, e sobre todo as impresionantes combinacións de círculos concéntricos. As do grupo 3 con 18 aneis concéntricos e 350 cm de diámetro son das maiores de Europa.