31 Mai 2017 O Mercado de Tomiño irmándase co “Bom Sucesso”, de Porto, e celébrao cun vídeo de promoción

O traballo audiovisual foi presentado hoxe pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione. Emitirase ininterrompidamente durante toda a xornada

O Mercado Municipal de Tomiño vén de celebrar a súa irmandade co de Bom Sucesso, de Porto (Portugal), cun vídeo promocional especialmente pensado para conmemorar tamén o Día Internacional dos Mercados, que tivo lugar o pasado día 27 de maio.

Trátase dun vídeo dun minuto de duración no que saen os propios praceiros e praceiras de ambos os dous mercados, dicindo cada un unha frase sobre os produtos de calidade e proximidade que ofrecen, o trato personalizado e a promoción do comercio local.

O traballo audiovisual foi presentado hoxe pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Promoción Económica Antonio Tartaglione.

O vídeo emitirase ininterrompidamente durante toda a xornada.



X