O Mercado do Seixo permanecerá aberto este fin de semana en horario continuo de 10h a 21h.

O Concello de Tomiño organiza un “mercado gastronómico e artesanal” e ADETO o “merca Nadal”.

O evento forma parte da programación “Nadal no mercado”.

O Concello de Tomiño e a Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organizan o “mercado gastronómico e artesanal” e o “merca Nadal” no mercado do Seixo e na rúa da Guarda nesta fin de semana.
O mercado municipal estará aberto en horario contínuo o sábado e o domin go de 10h a 21h00. Este evento forma parte da programación “Nadal no mercado” que comezou este sábado pasado coa gravación en directo dende o mercado do programa da Cadena Ser “la guía gastronómica”.
O “mercado gastronómico e artesanal” contará cunha sección adicada a gastronomía basada en productos ecolóxicos e artesanais nas que o visitante poderá degustar pratos de comida árabe, creppes, porco celta, polbo, conservas, embutidos galegos, mariscos ao vapor e poderá mercar productos de artesanía de cosmética, de coiro, de pedra,… ademáis contaremos cun posto de barquillos e haberá queimada no final do día. Un total de 40 postos que dinamizarán a vila do Seixo.
Os postos de gastronomía ubicaranse no 1º andar do mercado municipal, nos seus soportais e ao longo da praza do Seixo e da rúa da Guarda. Nesta rúa, estarán os 13 comercios de Tomiño que participan no “merca nadal” organizado por ADETO. Estes postos ofertarán productos de textil, calzado, librería, regalo,….
A programación “Nadal no mercado” iniciou na tarde de hoxe os primeiro obradoiro de manualidades promocionado polos praceiros. Nesta ocasión, foi Bacalaos Barcas. Os seguintes obradoiros infantíns serán os días 15 de decembro con “decorar en nadal” promovido por Floristería Montse; e 18 de decembro con “a bola de cristal”, actividade promovida por Panadería Morales.
Ademais, contaremos con obradoiros de cociña para nenos de 5 a 12 anos. Haberá dúas turnas, unha os días 21, 22 e 23 de decembro e outra, os días 28, 29 e 30 de decembro aos que aínda se poden inscribir.
Os obradoiros de cociña terán un custo de 5€, e os obradoiros de manualidades de 2€ salvo o do día 15 de decembro que será de 3€.
O mercado ademáis, organizará un sorteo co premio de 1.000€ e anuncia que a gravación do programa larpeiros da semana pasada sairá o día 24 de nadal.