O Nadal chega a Tomiño con actividades para o público infantil.

A programación conta con obradoiros lúdico e educativos gratuitos, teatro e unha festa infantil na Praza do Seixo.


A primeira cita é o Concerto Solidario da Agrupación Musical de Goián en colaboración con SOS Tomiño que será este sábado ás 18h00.

O Concello de Tomiño ven de presentar a súa programación do “O Nadal chega a Tomiño”. Toda unha serie de actividades dirixidas aos máis pequenos. A axenda cultural contará con obradoiros lúdicos e educativos gratuitos os días 22 e 23 de decembro en horario de tarde. Para estos obradoiros e para a Festa Infantil dos días 28, 29 e 30 de decembro acondionarase unha carpa na praza do Seixo ao onde os máis pequenos poderán acceder de xeito gratuito. A festa infantil ademáis dos obradoiros contará con inchables e cunha exposición de postais feitas por nenos, nenas e polos maiores do Concello.
Ademáis dos obradoiros, contaremos con cursos de cociña infantís os días 21, 22 e 23 de decembro, e os días 28, 29 e 30 de decembro no mercado. Para esta actividade é preciso inscribirse previamente no Concello.
O teatro voltará a Tomiño con dúas citas. Por un lado, o domingo 27 de decembro Educateatro producións traerá a obra “Carapuchiña vermella”. A obra está dirixida a todos os públicos e será de balde para os nenos pero custará 3€ para os adultos. Tanto esta cita co teatro como a do domingo 3 de xaneiro na que nos visitá Migallas Teatro coa obra “Vai ser boa” será no auditorio de Goián ás 17h00.
Para rematar as vacacións de Nadal, o día 5 de xaneiro os Reis visitarán Tomiño saíndo a real cabalgata ás 16h30 dende o Alivio hacia a praza do Seixo onde as súas Maxestades recibirán aos nenos e nenas e producirase o tradional sorteo.
Ademáis desta programación infantil, este sábado 19 de decembro ás 18h00, o auditorio de Goián acollerá o Concerto Solidario da Agrupación Musical en colaboración con SOS Tomiño para o cal a entrada consistirá na entrega dun 1kg de alimento non perecedeiro a asociación solidadaria.



X