O novo Mercado Municipal abre as súas portas totalmente transformado

As portas do novo Mercado Municipal de Tomiño, totalmente reformado, abriranse ao público, o día sábado 20 de decembro ás 11.00 horas.

Esta obra forma parte dun proxecto xeral de modernización das instalacións municipais, considerado prioritario polo goberno local.

A reforma integral do edificio, cun custe de máis de 600.000 euros, ten coma obxectivo a dinamización da economía local a través da creación dun centro de comercio local, que sexa ao mesmo tempo polo de atracción para novos emprendedores e lugar de encontro para a veciñanza.

Dentro da campaña de difusión que se está levando a cabo, o Concello creou unha páxina web (www.mercadotomino.com), e outra de Facebook (Mercado de Tomiño) que xa ten cerca de mil seguidores.

Máis información:

flyer tomiño