27 Xuñ 2016 O parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza, moi ben acollido polo Goberno Luso

DSC_0191 (Copy)O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, deu a coñecer o proxecto do futuro parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza á Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, Drª. Célia Ramos, nunha reunión celebrada en Lisboa, con moi boa acollida por parte da directiva lusa.

Con este encontro, o alcalde cerveirense procurou sensibilizar unha instancia máis, o Goberno Portugués, para o traballo que se ven desenvolvendo no ámbito da cooperación transfronteiriza Cerveira-Tomiño, de forma a recoller apoio para o desenvolvemento do proxecto.

Fernando Nogueira subliña que o futuro parque transfronteirizo ten sido moi ben acollido polas entidades dos dous lados da fronteira até o de agora, e a reunión coa Secretaria de Estado do Ordenamento do Territorio e da Conservación da Natureza, constitúe un paso firme na concreción deste desafío. “A Drª. Célia Ramos manifestou boa recetividade, apuntando o carácter de certo proxecto de fronteira e que merecía o seu apoio, e deu incluso algunhas suxestións no sentido de enriquecer o proxecto”, informou o alcalde.

Os concellos de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño conseguiron colocar na axenda de entidades gobernamentais e outras con competencias na materia, de Portugal e España, un proxecto singular de dous parques, localizados fronte a fronte, que se complementan, e que poderán transformarse nun único espazo natural a través dunha travessia peonil sobre o río Miño.



X