O PROGRAMA DE MAIORES DE TOMIÑO TRASLÁDASE AO CENTRO VONTADE LOGO DE ALCANZAR O CONCELLO UN ACORDO CON COGAMI

Unha trintena de persoas realizarán actividades manipulativas, de estimulación cognitiva e ximnasia adaptada dúas veces por semana durante todo o ano

Esta semana comezou a impartirse o Programa de Maiores da Concellaría de Benestar Social do Concello de Tomiño, na sede do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Tomiño.

A través deste programa unha trintena de persoas maiores acudirán ao centro, dúas veces por semana, para desenvolver actividades manipulativas, sociais, de estimulación cognitiva, pilates, contando tamén con apoio psicolóxico.

Acompañaron aos participantes na súa primeira visita, a alcaldesa, Sandra González, o concelleiro de Benestar, Suso Montero e o presidente de Vontade, Miguel Pazo.

O traslado da actividade foi posible tras alcanzar un acordo con Cogami (Confederación Gallega de Personas con Discapacidad), que permitirá desenvolver as actividades nun locais máis confortables e axeitados á idade e condicións das persoas participantes.

Deste xeito, o programa asentarase en tres áreas de traballo: actividades manupulativas, sociais, etc., a cargo dunha monitora os días martes, actividades de estimulación cognitiva a cargo dunha psicóloga, e clases de ximnasia, pilates e movilización adaptadas, os días venres.

[justified_image_grid preset=1 title_field=off caption_field=off]