O próximo venres se celebrarán no auditorio de Goián as Primeiras Xornadas de Cooperación transfronteiriza e da Amizade Cerveira-Tomiño.

Nestas xornadas, que serán inauguradas por autoridades locais, autonómicas de Galicia e rexionais do norte de Portugal, servirán para a presentación da redacción definitiva da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza.
A Axenda vense elaborando desde hai uns cinco meses, sobre a base dunha discusión participada por numerosas entidades sociais e profesionais representativas dos dous concellos, e a partir de documentos elaborados por expertos nas diferentes temáticas abordadas (medio ambiente, mobilidade, turismo, promoción económica, cultura, administración etc..).
Os debates se organizaron en catro grupos de discusión (O río como recurso, a mobilidade transfronteiriza, a coordinación de recursos e equipamentos públicos de ambos concellos e o desenvolvemento económico) e teñen participado arredor de duascentas persoas e entidades representativas de ambos concellos. Neles recolléronse as diversas propostas formuladas tanto directamente, como a través da páxina web conxunta aberta ao efecto.
As iniciativas e liñas de acción da Axenda Estratéxica teñen como finalidade elaborar proxectos de cooperación, baseados no aproveitamento dos recursos naturais comúns aos concellos de Tomiño e Cerveira que se acollerán as convocatorias de subvencións con cargo a fondos europeos, próximas a sair.
En palabras da alcaldesa de Tomiño “A Axenda Estratéxica de Cooperación Tomiño_Cerveira é un instrumento que nos vai permitir concretar boa parte dos obxectivos comúns e convertelos en liñas de acción común e en proxectos concretos, financiábeis maiormente con fondos correspondentes a programas da Unión Europea”
A Axenda Estratéxica que se presentará este venres, nunha mesa onde participaran como poñentes os expertos dinamizadores de cada grupo.
Nunha segunda mesa, representantes de asociacións transfronteirizas e mais da Xunta de Galicia e da rexión Norte de Portugal, explicarán aos asistentes os plans e programas europeos aos que se poderán acoller os proxectos que se vaian definindo a partir da Axenda.