O Real Seco

Este petróglifo do Real Seco está situado a 390 metros de altitude e ten un amplo abano visual dende o que podemos ollar cara o sur ao inmediato Val de Tebra e a todo o concello de Tomiño, co Miño e Portugal ao fondo.

Se miramos cara ao oeste, de norte a sur é o fío da Serra da Groba, que continúa na Serra do Argalo, un conxunto orográfico con riqueza arqueolóxica (petróglifos, mámoas, asentamentos, minas de ouro…) e etnográfica (curros, burras do monte, foxos de lobo, casetas forestais…).

Na superficie horizontal que temos diante de nós hai motivos gravados que se perciben con dificultade. É unha rocha moi diaclasada e fisurada na que hai insculturada unha combinación circular xigante, duns 3 metros de diámetro, aínda maior ca das Portaxes (2,5 metros), pero incompleta.

Ao sur dela hai varias combinacións circulares de distintos tamaños, unidas ou non por raias, e hai grupos de pequenas coviñas dentro de circos, nun caso dentro dun cadrado. O menos gravado de todos foi reconstruído grazas ás novas técnicas dixitais 3D e nel hai polo menos tres cuadrúpedos, case imperceptibles, tamén ao sur da gran combinación.

A tipoloxía dos animais é moi semellante á das Portaxes 2. Son individuos moi esquemáticos, executados cunha liña cérvico-dorsal que define cola, lombo, pescozo, fociño e con dous apéndices para as orellas. Cara abaixo parten outras catro liñas que sinalan as extremidades.

Estamos no ámbito xeográfico do dominio presencial dos équidos, entre a ría de Vigo e o río Lima.

+ info

X