26 Ago 2016 O recoñecido músico Roi Casal pecha este sábado o verán cultural de Tomiño co concerto “Son galego, son cubano”

O espectáculo, no que se rende homenaxe a Neira Vilas e a emigración, xa foi presentado en La Habana e varias cidades galegas

A programación cultural de verán do Concello de Tomiño “O Son da Praza”, chega mañá, sábado 27 de agosto, ao seu fin co concerto “Son galego, son cubano”, un proxecto musical de Roi Casal, estreado o pasado 27 de maio en La Habana, e co que agora realiza unha xira por Galicia e España. Despois de estar en Ourense, Cambados, Vila de Cruces, Moaña e Ferrol, chega mañá á praza tomiñesa do Seixo. A entrada é totalmente libre.

Acompañado por varios músicos e bailaríns, Roi Casal recordará ao autor de Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, así coma a aportación dos emigrantes a Galicia «en momentos nos que aquí había escuridade».

En palabras do músico galego, este concerto tenta fixar un lazo íntimo entre Cuba e Galicia. Hai que lembrar que neste traballo colaboraron Pablo Milanés e Laritza Bacallao.

 

Nado en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. No ano 2009 deixa o grupo e publica o seu primeiro traballo en solitario, “Lendas Douradas”, que ten unha gran acollida entre a crítica e convértese no disco galego máis vendido dese ano.

En 2011 lanza “Máxicamente Vello”, co que se consolida como unha das referencias da música feita hoxe en día en Galicia. Realiza durante ese ano unha xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns; entre eles:

Premio Internacional Cubadico 2014

Premio Arousán do ano 2011

Premio Bo e Xeneroso da Fundación Eduardo Pondal 2015

Premio Xosé Neira Vilas (Asociación Fillos de lalín, La Habana

Premio Internacional Cubadico 2014

Premio Arousán do ano 2011

Premio Bo e Xeneroso da Fundación Eduardo Pondal 2015

Premio Xosé Neira Vilas (Asociación Fillos de lalín, La Habana) 2016.

 



X