O Tebra FC xógase o seu ascenso a segunda regional este domingo no campo da Estoca

O Concello fai chegar ao club as súas felicitacións polo traballo realizado durante a tempada

O Tebra FC, que comezou a súa andaina deportiva na presente tempada, en terceira autonómica, xógase este domingo, 25 de maio, o ascenso de categoría fronte ao Caldelas.
A cita é ás 17.30 horas no Campo da Estoca, de Tebra.

O equipo de Tebra quedou terceiro na clasificación, polo que este encontro definirá o seu posible ascenso a segunda rexional.

O club, de recente formación, conta xa con 400 socios, polo que este próximo domingo agárdase un cheo absoluto.

Dende a directiva do Tebra FC agradecen ao Concello de Tomiño a axuda aportada durante esta tempada, así coma a todos os patrocinadores, socios e simpatizantes. Agradecer tamén o apoio económico da Deputación, co que se efectuará, en colaboración co Concello, a mellora do Campo da Estoca.

A concelleira de Deportes, Cristina Martínez, pola súa banda, desexa ao equipo moito ánimo para enfrontar este partido decisivo, e fai chegar aos futbolistas as súas felicitacións polo traballo realizado, o cal veríase recoñecido co merecido ascenso de categoría.