O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse en Tomiño con representantes das asociacións de veciños beneficiarias das axudas da administración

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou este mediodía Tomiño.

Na oportunidade estivo acompañado pola alcaldesa, Sandra González; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e outras autoridades.
A asociación de traídas de auga COXAPO, con sede en Estás (Tomiño) foi a anfitriona, xa que así o decidiu a Xunta, ao tratarse dunha das mellor organizadas e que mellor xestionan o tema das subvencións, en palabras do propio vicepresidente.
Os seus responsables, Juan M. Alban e Rafael Carrera, agradeceron a visita e o apio económico do goberno autonómico para seguir funcionando, aínda que solicitaron a reforma do artigo 124 do Reglamento de Dominio Público Hidráulico, segundo o cal as traídas serán legais so en caso de que o alcalde certifique que non poden ser abastecidas dende a rede municipal de augas.
Coxapo agrupa na actualidade 164 traídas de toda Galicia e ten 180.000 usuarios.
Logo da reunión, as autoridades visitaron unha das traídas de auga da parroquia de Estás.
Neste enlace pódese consultar a nota de prensa enviada dende Vicepresidencia da Xunta: